Visita
á Escola de Idiomas de Pontevedra
Das
primeiras veces que o facemos pola tarde, e a verdade, creo que todo un éxito.
O 9
de Decembro, venres, despois de unha semana de festivos, pontes e acueductos…
chegamos á Escola Oficial de Idiomas de Pontevedra.
Recibiunos
a súa vicedirectora, e a verdade, todo foron facilidades para poder impartir o
obradoiro.
Neste
caso estábamos un pouco asustados e impacientes, pois os alumnos… pasaban un
chisco da pubertade e adolescencia… e da idade do bacharelato.. que eran as
idades as que estábamos acostumados… Eiquí, había algún aniño máis…
Por
iso a sorpresa foi maior… A atención foi fantástica, a participación fabulosa e
o percorrido do obradoiro, moi moi rápido… En nada, xa chegaba a hora de
recoller os bártulos e vir de volta.
Quedei
encantadísimo coa súa participación e agardo poder volver algún día.
Así,
que dende eiquí, tanto á Escola Oficial de Idiomas de Pontevedra coma ós
alumnos participantes neste obradoiro…. Grazas, moitísimas grazas, foi un auténtico
pracer.
Por
favor, non vos esquezades de practicar e se sodes capaces de gravar calquer
cousiña…. Mandádenola….
Saúdos
No hay comentarios:
Publicar un comentario