Que sorte tivemos!!!
Ponte nas Ondas escolleunos para impartir Escolas nas Ondas.
Un Obradoiro de Radio nas Escolas e de Podcast. Dirixido a nenas e nenos de 5º e 6º de Primaria ata 2º de Bacharelato.

Un montón de obradoioros polas 4 provincias de Galicia e ademáis, tamén por Portugal!! Todo un reto, non si?
Sabedes que o 13 de Febreiro é o Día Mundial da Radio? Pois o próximo Día Mundial da Radio, Ponte nas Ondas ten un gran sorpresa para todos. Así que queremos que todos os participantes de Escolas nas Ondas, poñan o seu gran de area para que a sorpresa sexa moito máis grande..... Estade atentos!
3 horas compartindo momentos cos alumn@s, o pouquiño que sabemos e o moitísimo que eles queren aprender.
Comenzando cunhas nocións básicas de Audacity, un software de gravación e edición de audio gratuito. Internet ofrécenos distintas opcións pero Audacity é unha ferramenta con moitas opcions e ademáis sinxela e intuitiva.
Despois pasamos á lectura.... Si, estes alumnos hai anos que len, pero esta vez imos desaprender para volver a aprender...
Sobre todo porque tendemos a ler moi rápido, e é preciso aprender a facelo despacio para poder facelo rápido despóis!!! un pouco difícil de explicar.... pero moi sinxelo de demostrar!!
Unha vez practican cos textos e guións, xa están preparados para gravar!!!
E con moita valentía, poñense diante do micrófono e .... a gravar!!!

Xa na parte final, cada participante ten no seu ordenador o software Audacity, co proxecto de edición de podcast... que todolos compañeiros xusto acaban de gravar... e voilá... o seu 1º podcast na aula...
A partires de hoxe subiremos fotos, e audios dos obradoiros nos distintos coles e instis da xeografía galega e de portugal.....
Así que, estade atentos!!!
Un pracer compartir as novas con todos vos...





No hay comentarios:
Publicar un comentario