O mércores 16 de Novembro cargamos co micro, portátil, roller e demáis... e arrancamos para Portomarín.
Pola mañá ao chegar ó CEIP Virxe da Luz, facía un pouco de frío e néboa... pero dentro do cole, todo era calor human e unha sensación moi agradable... coma se estivesemos coa nosa familia.
Recibironnos os rapaces de 5º e 6º e a disposición era fantástica.
Un obradoiro no que o tempo pasou moi rápido... porque a participación foi fantástica..
Tanto por parte da directora Pilar coma do tutor Anxo a acollida non poido ser mellor.
Pasamos unha mañá moi agradable, e moi proveitosa....
Moi contento vin de volta de Portomarín, ademáis cunhas Pedras de Portomarín riquísimas e tamén unhas tortas, cortesía de Ancano... tiñan enchufe.
En fin, que o pasei xenial, e encantoume Podcastear cos alumnos de 5º e 6º de Ceip Virxe da Luz de Portomarín...
Eiquí deixo un enlace ó podcast que gravaron...
https://soundcloud.com/user-670335591/podcast-virxe-da-luz
No hay comentarios:
Publicar un comentario