18 de Novembro de 2016, mañá soleada e fría. Pero ao entrar na aula de 6º de Primaria do Ceip San Benito de Lérez... a calor afectiva... fíxose notar.
Dende o principio os rapaces e rapazas estiveron moi moi atentos, e moi participativos. Destacar que o profe, xa lles tiña avanzado sobre audacity, teatro e como non.... Radio.

Si, teñen unha radio fabulosa no colexio, e notábanselle as gañas... de locutar, de recitar, de ler en voz alta, de interpretar.
A súa interpretación no micrófono foi fantástica.
Nótase a práctica na radio escolar.
Sen medo ningún ao micrófono....
Como anécdota, reseñar que á metade do obradoiro, un dos alumnos fíxome un sinal de que non quería sair e ler en voz alta diante dos seus compañeiros. Non hai problema, eiquí non obrigamos a ninguén.... Pero a sorpresa chegou, cando rematando o turno de lectura... levantou a man, e con moita disposición interpretou en voz alta o seu texto.... fantástico.
Levo unha grata lembranza deste colexio, dos seus alumnos, pero sobre todo, do mestre.
Gracias pola vosa benvida e atención para con nós.
No hay comentarios:
Publicar un comentario