lunes, 12 de diciembre de 2016

Visitamos o IES Gonzalo Torrente Ballester en Pontevedra...

Alumnos e alumnas  de 4º da ESO agardaban por nós o venres 2 de Decembro na Biblioteca....

Toda unha biblioteca para nós sos.... pero desta vez, non íamos ler libros... estivemos lendo en voz alta, e interpretando... para practicar para os novos podcasts que estes alumnos e alumnas han gravar.





Achegámonos a Pontevedra..... ao CEIP Plurilingüe San Benito de Lérez

Unha mañá de venres de novembro estivemos de obradoiro no CEIP San Benito de Lérez.


18 de Novembro de 2016, mañá soleada e fría. Pero ao entrar na aula de 6º de Primaria do Ceip San Benito de Lérez... a calor afectiva... fíxose notar.







Obradoiro de Podcast...... en Portugal!!!! En Monçao.

Este venres, ou mellor dito, na  6ª feira...  o obradoiro de podcast&radio de Ponte nas Ondas.... estivo en Monçao. Mais concretamente na EPRAMI, Escola Profissional do Alto Minho.




domingo, 4 de diciembre de 2016

Comezo do noso blog, ou mellor dito audioblog.


Benvid@s o noso audioblog!!!!!


Este vai ser a nosa primeira entrada, o noso primeiro artigo no blog, ben perdón, audioblog.
En solovoz, queremos facer gracias a acuda de Ponte Nas Ondas, uns obradoiros de podcast, radio e audio blog, nos coles e instis de Galicia e norte de Portugal.

O que pretendemos é espertar nos alumnos e alumnas, o interese na interpretación da lectura.... Si, xa sabemos que soa moi aburrido iso da interpretación na lectura, pero creo que vos ides sorprender despois do obradoiro...... Temos fé en que vos vai gustar.

viernes, 2 de diciembre de 2016

Visita o Ceip Carlos Casares en Alxén, Salvaterra de Miño

Martes 30 de Novembro, chegamos cediño e con bo tempo a Alxén.

Xa me estaban agardando no cole, para o obradoiro.

Os rapaces de 6º impacientes polo comezo do obradoiro, non se fixeron esperar... tan pronto toparon a porta aberta da aula de informática, para dentro....

Escolas nas ondas vai a Maristas Ourense

Venres 25 de Novembro

Vai frío en Ourense, pero o pouco de chegar, xa entrei en calor coa benvida de 1º de Bacharelato de Maristas Ourense....

Tanto os profes, coma os alumnos deronme unha acollida fabulosa, e a súa implicación no obradoiro de podcast foi espléndida...



jueves, 1 de diciembre de 2016

Escolas nas Ondas desprázase a Portomarín en Lugo

O mércores 16 de Novembro cargamos co micro, portátil, roller e demáis... e arrancamos para Portomarín.

Pola mañá ao chegar ó CEIP Virxe da Luz, facía un pouco de frío e néboa... pero dentro do cole, todo era calor human e unha sensación moi agradable... coma se estivesemos coa nosa familia.

Recibironnos os rapaces de 5º e 6º e a disposición era fantástica.
Un obradoiro no que o tempo pasou moi rápido... porque a participación foi fantástica..





martes, 29 de noviembre de 2016

Escolas nas ondas... con Ponte nas Ondas!!!!

Que sorte tivemos!!!



Ponte nas Ondas escolleunos para impartir Escolas nas Ondas.







Un Obradoiro de Radio nas Escolas e de Podcast. Dirixido a nenas e nenos de 5º e 6º de Primaria ata 2º de Bacharelato.